Servizo de normalización lingüística

Servizo de Normalización Lingüística
Praza Maior, 1- 2º andar
32500 O Carballiño
Tel. 988530007 (extensión 27)
snl@carballino.org

 

Como naceu o Servizo de Normalización Lingüística

 

O Concello do Carballiño querendo amosar a súa sensibilidade con respecto á lingua galega decide crear un Servizo de Normalización Lingüística; así no ano 1997, grazas a unha achega económica da Xunta de Galicia e a contribución do propio concello, créase dito servizo.

 

O día 5 de febreiro de 1998 aprobouse inicialmente a Ordenanza de normalización lgca. do e foi publicada no BOP do día 23 de febreiro de 1998.

 

A pesar de que actualmente depende da Área de Educación, Cultura e Xuventude, ten un carácter eminentemente transversal, polo que colabora constantemente con todos os servizos municipais, con distintos axentes sociais e coa cidadanía en xeral.

 

 

Obxectivos de traballo
Todos os traballos están encamiñados a:
  • Potenciar o uso da lingua galega.
  • Facilitar o desenvolvemento do uso da lingua galega en todos os sectores sociais.
  • Sensibilizar e implicar a distintos axentes sociais na dinamización do uso da lingua.
  • Apoiar as iniciativas a prol da lingua que xurdan.
  • Promover a transversalidade da lingua e implicar no proceso de normalización a todas as áreas do concello.
  • Sensibilizar e implicar a distintos axentes sociais na dinamización do uso da lingua.
  • Atender as diferentes necesidades para a axeitada promoción da lingua segundo o ámbito rural ou urbano dos distintos lugares deste concello.

 

Funcións do SNL
O SNL dirixe o seu traballo atendendo fundamentalmente a tres aspectos:
Formación:
  • Cursos de lingua: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
  • Difusión de material de apoio.
Asesoramento:
  • Corrección e elaboración de documentos: formularios, actas.
  • Elaboración de glosarios de termos.
  • Dereitos e deberes lingüísticos.
  • Axudas e subvencións para impulsar a lingua galega.
  • Asesoramento bibliográfico.
Dinamización:
  • Campañas de promoción da lingua.
  • Elaboración de propostas de dinamización.
  • Coordinación con outros servizos de normalización.

 

Actividades que realiza e nas que participa
  • Cursos de Lingua Galega.
  • Campañas de animación á lectura.
  • Concertos didácticos de música tradicional.
  • Obradoiro de regueifa.
  • Obradoiro de instrumentos musicais.
  • Obradoiro de cantos de nadal e reis.
  • Roteiro Manuel María.
  • Contacontos.
  • Letras Galegas.
  • O Apalpador.

 

Publicacións
  • Ordenanza de normalización lingüística.
  • Manual de linguaxe non sexista.
  • Os Bolechas: O segredo do Carballiño.
  • Manual de educación viaria para 2º ciclo de primaria.
  • Outro material de dinamización: adhesivos, carteis…